martes, 30 de diciembre de 2014

O PLENO DE DECEMBRO

Como cada dous meses, en decembro houbo pleno ordinario no concello de Miño. E temos que decir que foi unha grande satisfacción recibir aos traballadores de Alcoa, que neses momentos estaban baixo a amenaza dun ERE inminente, e sobre todo poder apoialos.



 O grupo socialista tiña presentado unha moción pedindo unha nova poxa que permitise á empresa conseguir os lotes enerxéticos imprescindibles para que as fábricas poidesen seguir sendo competitivas, de xeito que se retirase o ERE.

Pero non dubidamos en retirala, para substituila por unha moción conxunta, consensuada polos dous grupos e polo tanto aprobada por unanimidade:


A movilización dos traballadores, e a presión de todos logrou por fin que hai uns días a empresa desistise do ERE, aínda que mentres non se cambie o sistema de adquisición de enerxía, e os prezos desta para as industrias electrointensivas, o problema segue, e de feito repetirase a finais do 2015. Urxe, pois, unha modificación por parte do Ministerio de Industria se non queremos perder máis tecido productivo e postos de traballo na nosa comunidade. O portavoz socialista, Manuel V. Faraldo, lembrou precisamente que neste caso están tamén os traballadores da veciña Megasa.

Ata aí chegóu a concordia por parte do alcalde, que a continuación negouse a aprobar a moción socialista pedindo a extensión do regulamento do aparcamento (ORA) na praia Grande, a adopción de prezos proporcionais ao tempo de uso e a creación de zonas para residentes e para usuarios con tarxeta. E o máis incrible é que o señor Veiga explicou o seu rexeitamento á moción afirmando estar dacordo con ela:



¿Incoherente, verdade? Pois ése é o alcalde de Miño.

Os concelleiros socialistas tamén levaron varios rogos, solicitando amaños pedidos polos veciños en distintos puntos do concello:










Leer más publicaciones en Calaméo

O alcalde asegurou que todo sería arranxado en breve, agardamos que non se esqueza das súas promesas posto que o 2015 será ano de eleccións (e xa se sabe que ésta é unha circunstancia que axuda moito ás obras no concello).

Lamentando que en Miño non houbo acto algún para conmemorar o 25 de novembro o día contra a violencia de xénero, o grupo socialista preguntóu con qué medios se conta na vila para a prevención e a axuda ás mulleres. E contestouse por parte do goberno local que hai medios dabondo, incluída una avogada que atende unha tarde á semana. Sen embargo, polo visto esta persoa só acude se hai unha cita previamente pedida, así que o servizo non parece tan completo e eficaz como se describiu no pleno. Este é un grave problema da nosa sociedade, que fai precisas tanto a prevención (con educación, actos de sensibilización tranversais, formación para homes e mulleres para detectar maltrato...) como a axuda directa ás afectadas e aos seus fillos.






Por último, os socialistas quixeron coñecer o balance tras a implantación do cobro polo aparcamento na praia Grande, que resultóu ser positivo nuns 3.000€ aos que hai que engadir os postos de traballo xerados. 

Lástima que o sr. Veiga non quixese melloralo para a vindeira tempada, de xeito que de seguro se incrementarían tanto os veciños beneficiados con tres meses de traballo como o regulamento do tráfico na zona e os ingresos. ¡E iso que estaba dacordo!

No hay comentarios: